Friday 01 de November de 2024

A concellaría de turismo do Concello de Fene pon en marcha o “FENE INDIANO”


Dentro do Proxecto Fene Vivo, o Concello quere seguir protexendo e divulgando o patrimonio pesqueiro, arquitectónico, cultural de Fene, a súa cultura Indiana ou de Ultramar, xa que xogan un papel importante na nosa diferenciación.

En consecuencia, nos meses de novembro e decembro desenvolveranse diversos obradoiros e actividades co obxectivo de crear e impulsar un microdestino fundamentado principalmente nun posicionamento diferencial, de calidade e sostible. Aquí relacionamos os actos dirixidos a coñecer a nosa cultura indiana.

– CONFERENCIA “A NOSA CULTURA INDIANA” A CARGO DE ERNESTO LÓPEZ NAVEIRAS, coa colaboración da Agrupación Instructiva de Camouco [Venres 26 de novembro. As 20.00 h no Salón de Plenos do Concello de Fene]

Ernesto López Naveiras (1941) historiador e experto na emigración de comezos do século XX, participará na terceira edición de Fene Mar Vivo, na conferencia sobre “A Nosa Cultura Indiana”, onde tamén se presentará número 7 da revista A Tenencia “Historia da Agrupación Instructiva de Caamouco e Redes”

– UN RECORRIDO POR FENE AO ESTILO MÁIS INDIANO E NUN BUS DE ÉPOCA
Subirse a un bus vintage E recorrer Fene revivindo a época indiana é posible grazas a unhas rutas teatralizadas que organiza o Concello de balde. Inscríbete e non perdas a oportunidade de presenciar a representación teatral en algunhas das casas, nas que dúas figuras deses anos como son Antonio Fernández ‘O Adriano’ e ‘A Florista’ serán os grandes protagonistas

Paradas en distintas localizacións coa colaboración de “Adriano” e ” A Florista” que amosarán o noso patrimonio indiano de Fene (Ruta aproximada 1 hora), con saída dende a Praza do Alcalde Ramón José Souto González:

Sábado 4 de decembro: saídas ás 10.30 h, 12.30 h, 16.30 h, 18.00 h.
Domingo 5 de decembro: saídas ás 10.30 h, 12.30 h, 16.30 h.
*Aforo limitado